sábado, 16 de fevereiro de 2013

Poemas Galegos para o Mundo





As escolas galegas da Rede PEA-UNESCO, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, decidiron aplicar o proxecto YoGoTe para producir unha colección de poemas (publicados ou de creación propia) nos que se reflicta a importancia dos valore humanos e temas de traballo da Rede SEA-UNESCO. Os poemas serán presentados polo alumnado en língua galega co acompañamento dos xestos internacionais para as ideas principais.
O resultado será publicado nunha páxina web co título de
 "Poemas Galegos para o Mundo",
(pódese ver de xeito provisional AQUÍ


e será o punto de partida para o proxecto internacional que se explica a seguir, e no cal escolas UNESCO de todas as partes do mundo presentarán poemas na sua lingua orixinal e acompañados dos mesmos xestos internacionais.
A participación galega, deste xeito, constituirá unha primicia para dita iniciativa internacional, contribuindo a visibilizar a nosa lingua e cultura perante o resto do mundo.

......................................................
Relación provisional de poemas realizados:

As escolas galegas asociadas da UNESCO están a facer diversas actividades usando os xestos internacionais YoGoTe:

Poemas  (videos con xestos):

CEIP Campolongo
CEIP Cabanas
    CEIP Isidora Riestra
    IES Luis Seoane
    IES Pedra da Auga
    IES Pazo da Mercé

    ....................................................................................................................................

    Aquí pódense ver algúns traballos previos con poemas: 


    - Poemas sobre a paz, por unha escuela primaria de Andalucía

    - Poemas sobre os valores humanos nos países latinoamericanos

    - Poemas de Europa, por un grupo de escolas de secundaria
    - Prototipo de web (con poemas galegos)