O alumnado expresará en forma de frases curtas os seus desexos para o mundo no que se farán adultos.
Os slogans serán presentados nunha web posta en marcha por parte da Escola Artística e Profissional "Árvore" do Porto (Portugal).
A estrutura da web estará baseada nos Obxectivos para un Desenvolvemento Sustentable.
Cada slogan será ilustrado mediante todo tipo de traballos audiovisuais colectivos e cooperativos.
Haberá tamén presentacións en video con xestos YoGoTe.
Aproveitando a experiencia realizada con motivo do 60 Aniversario da rede PEA-UNESCO.
Alumnado de calquer parte do mundo presentará a cultura e a língua do seu país a través de poemas relacionados coas áreas de traballo da rede.
Os poemas serán recitados na língua orixinal, acompañados de xestos internacionais.
As escolas participantes establecerán clubes de línguas para que os seus alumnos poidan iniciarse en calquera língua usando lecciónsbaseadas nos xestos internacionais.
A participación de escolas de diferentes países permitirá realizar actividades de aprendizaxe recíproca.
Os alumnos dun país A aprenderán a língua B coa axuda de colegas do país B. Estes, á súa vez, aprenderán a língua A do mesmo xeito.
Os xestos internacionais serán un elemento común que facilitará este ensino e aprendizaxe recíproco colaborativo.
Os diccionarios de xestos internacionais permiten realizar propostas de traballo adicionais para conmemorar o Ano Internacional do Entendimento Global.
O alumnado participante nas actividades de multilingüismo do IES Pedra da Auga presentou varias cancións africanas con xestos internacionais, dentro da actividade "Obradoiro de Relatividade".
Alumnado de 1º da ESO e 1º de Bacharelato presentaron unha mensaxe do Secretario Xeral da ONU con motivo do 70º Aniversario desta organización internacional. A presentación fíxose en 16 línguas, usando xestos internacionais YoGote para facilitar a comprensión. O alumnado presentou tamén unha serie de preguntas relacionadas cos temas da Carta Fundacional da ONU. Web do IES Pedra da Auga