domingo, 17 de abril de 2016

Propostas para o Ano Internacional do

Entendemento Global

As escolas UNESCO de Galicia presentan as seguintes propostas de traballo para o
Ano Internacional do Entendemento Global (IYGU 2016)


PRESENTACIÓN CON DISPOSITIVAS

Presentación por alumnas do IES Pedra da Auga de Ponteareas xunto co seu profesor, Xabier Prado:

Neste enlace podes ver o video grabado e emitido pola televisión da Universidade.
E neste outro enlace podes descargar un pdf coa noticia do mesmo (en inglés) no site do IYGU.

1-Slogans para un Mundo Mellor

O alumnado expresará en forma de frases curtas os seus desexos para o mundo no que se farán adultos.
Os slogans serán presentados nunha web posta en marcha por parte da Escola Artística e Profissional "Árvore" do Porto (Portugal).
A estrutura da web estará baseada nos Obxectivos para un Desenvolvemento Sustentable.
Cada slogan será ilustrado mediante todo tipo de traballos audiovisuais colectivos e cooperativos.
Haberá tamén presentacións en video con xestos YoGoTe.

Exemplos de actividades realizadas:

2-Poemas do Mundo para o Entendimento Global

Aproveitando a experiencia realizada con motivo do 60 Aniversario da rede PEA-UNESCO.
Alumnado de calquer parte do mundo presentará a cultura e a língua do seu país a través de poemas relacionados coas áreas de traballo da rede.
Os poemas serán recitados na língua orixinal, acompañados de xestos internacionais.

Exemplos de actividades realizadas:
Adeus Ríos, de Rosalía de Castro


Camcións orixinais Siyahamba e Jambo Bwana:
 

3-Clubes de Multilingüismo

As escolas participantes establecerán clubes de línguas para que os seus alumnos poidan iniciarse en calquera língua usando leccións baseadas nos xestos internacionais.
A participación de escolas de diferentes países permitirá realizar actividades de aprendizaxe recíproca.
Os alumnos dun país A aprenderán a língua B coa axuda de colegas do país B. Estes, á súa vez, aprenderán a língua A do mesmo xeito.
Os xestos internacionais serán un elemento común que facilitará este ensino e aprendizaxe recíproco colaborativo.

Exemplos de actividades realizadas:

Ampliación

repertorio de leccións de línguas pode ser ampliado coa participación de profesorado voluntario de diferentes países.

Os diccionarios de xestos internacionais permiten realizar propostas de traballo adicionais para conmemorar o Ano Internacional do Entendimento Global.

Web de referencia:  www.yogote.net

VI Encontro das Escolas UNESCO galegas

O alumnado participante nas actividades de multilingüismo do IES Pedra da Auga presentou varias cancións africanas con xestos internacionais, dentro da actividade "Obradoiro de Relatividade".

Información na web do IES Pedra da Auga

Páxina cos videos e textos das cancións "Siyahamba (Africa do Sul) e "Jambo Bwana" (Kenia)

70 Aniversario das Nacions Unidas

70 Aniversario das Nacións Unidas

Alumnado de 1º da ESO e 1º de Bacharelato presentaron unha mensaxe do Secretario Xeral da ONU con motivo do 70º Aniversario desta organización internacional. 
A presentación fíxose en 16 línguas, usando xestos internacionais YoGote para facilitar a comprensión.
O alumnado presentou tamén unha serie de preguntas relacionadas cos temas da Carta Fundacional da ONU.

Web do IES Pedra da Auga