terça-feira, 17 de abril de 2012

60 Aniversario da Rede PEA-UNESCO




60 º Aniversario da Rede do Plan de Escolas Asociadas da UNESCO

A Rede PEA-UNESCO  foi creada en 1953 e agora inclúe máis de 9.000 escolas de todo o mundo.

As escolas galegas pertencentes a esta rede global fixeron a seguinte proposta para conmemorar o seu 60 º aniversario en 2013:

Presentar unha colección de poemas de todo o mundo en calquera lingua para apreciar e destacar os valores comúns das escolas da rede PEA-UNESCO, titulado
Descubrindo a Rede PEA-UNESCO mediante Poemas do Mundo



Se vostede é unha profesora ou un profesor que traballa nunha Escola Asociada da UNESCO e quere participar nesta celebración, pode facer o seguinte:

1 - Seleccione un valor
Pode escoller un ou máis elementos da lista dos principais valores subxacentes á rede PEA-UNESCO. Están organizados segundo catro áreas principais de estudo:
RedePEA
actores da educación (profesores/as, alumnos/as, escolas, clases, pais e nais, sociedade)
Calidade na Educación, colaboración, redes e Coordinación
Desenvolvemento Sostible
Ambiental (auga, area, ríos, mar)
Saúde (SIDA, o paludismo e outras enfermidades)
Desenvolvemento (Sostibilidade, pequenos Estados insulares e os países menos desenvolvidos)
Paz e Dereitos Humanos
paridade de xénero, saúde materna, Paz, Liberdade, Xustiza
A Educación como un Dereito Humano, alfabetización
rompendo o silencio (Trata Negreira Transatlántica)
Aprendizaxe intercultural
Libros Abertos, Asociación Mundial, GigaPan
Patrimonio Mundial, Pobos Indíxenas
Multilingüismo, língua materna
para obter máis información sobre os programas da Rede PEA-UNESCO  e os valores fundamentais desta rede internacional de escolas prema  AQUÍ

2 - Preparar un poema co seu alumnado
Escolla un poema na súa língua que se refira ao valor seleccionado (tamén pode crear o seu propio poema, ou mesmo deixar que os alumnos o fagan.)
-Producir un texto glosado deste poema, pola adición de signos YoGoTe ás ideas principais, ben de xeito manual ou informático (tamén pode usar unha tabla de caracteres para facelo)
-Presentarlles aos alumnos o texto glosado e explicarlles como poden comprender os signos internacionais para  facer os xestos e recoñecelos no texto..

3  - Producir e subir un vídeo
-Faga unha gravación de vídeo coa presentación deste poema por estudantes facendo os xestos  AO MESMO TEMPO.
-Suba o video a YouTube (ou a calquera outro sitio de Internet para streaming de vídeo)
-Consiga o permiso escrito do alumnado participante (ou dos seus pais se fosen menores de edade) para a difusón da súa imaxen.
-Pida ao director/a do centro que certifique a seguinte declaración de permiso para a difusión das imaxes (en texto ou en imaxen).

4 - Enviar a ligazón
Pode enviar nun correo electrónico a ligazón para o vídeo de YouTube, unha copia do texto glosado e da declaración de permiso para difusión das imaxes (xunto con calquera outra explicación considerada relevante) para o seguinte enderezo:
-Se o prefire, pode producir un post nun blogue da súa propiedade, con vídeo, texto glosado, e outras informacións (autor, intención, tradución complementaria, audiovisual, música, etc), e enviar o enlace (a esta entrada de blog) para o mesmo enderezo de
antes.
-Imos tentar publicar os poemas de todos os países no Día Mundial da Poesía (21 de marzo)
                                                           

-O seu traballo será incluído nun sitio colectivo, worldpoems.org, onde se presentarán os poemas de todo o mundo en diversos idiomas, acompañañados  por xestos  internacionais para mostrar como os valores da REDE UNESCO son verdadeiramente universais e eloxiados por todas as culturas e linguas.

¡ Vostede e o seu alumnado estarán presentando o noso país, a súa lingua, cultura e valores para o resto do mundo !


Pode ver algúns traballos con poemas:

- Poemas sobre a paz, dunha escola primaria en Andalucía
- Poemas sobre os valores humanos en países de América Latina
- Poemas de Europa, por un grupo de escolas de secundaria